Ir ó contido

Ir ó índice

Como facer o correcto? Unha decisión que tes que tomar

Como facer o correcto? Unha decisión que tes que tomar

A nosa felicidade dependerá en gran medida das normas morais que escollamos. Xehová Deus sábeo, e por iso quere que vivamos segundo as súas normas.

Xehová quere que desfrutemos dunha vida pacífica e feliz

“Eu son o Señor, o teu Deus, o que te ensina para que saques proveito, quen te fai camiñar polo camiño por onde debes ir. Oxalá tiveses feito caso dos meus preceptos: entón a túa prosperidade sería coma un río, e o teu triunfo coma as ondas do mar” (Isaías 48:17, 18).

Como é o noso Creador, Deus sabe cal é a mellor forma de vivir para nós. El invítanos a seguir a súa guía porque sabe que será para o noso ben. Cando facemos o que el nos pide, non temos que preguntarnos se unha decisión terá bos resultados ou non. Sempre estaremos escollendo o camiño correcto, o que nos leva a ter paz e felicidade.

Xehová non nos pide cousas imposibles

“Este mandamento que eu che mando hoxe non é imposible para ti nin che resulta inaccesible” (Deuteronomio 30:11).

Para vivir segundo as normas morais de Deus quizais teñamos que facer cambios na nosa maneira de pensar e actuar. Pero, o que Xehová nos pide non é demasiado para nós. Ó fin e ó cabo, el é o noso Creador e sabe do que somos capaces. E canto máis o coñezamos, máis conta nos daremos de que “os mandamentos de Deus non son pesados” (1 Xoán 5:3).

Xehová promete axudar ós que deciden vivir segundo as súas normas

“Eu, o Señor, son o teu Deus, que te collo da man dereita. Eu son quen che digo: non teñas medo. Eu son quen te axuda” (Isaías 41:13).

Podemos estar á altura das normas morais de Deus porque el nos vai axudar. Pode facelo mediante a súa Palabra, a Biblia, na que encontramos ánimo e esperanza.

Millóns de persoas arredor do mundo descubriron que vivir segundo as normas da Biblia mellorou a súa vida. Por que non aprendes máis sobre os bos consellos que hai nela? Podes empezar analizando o folleto Desfruta da vida para sempre!, que está dispoñible en jw.org de forma gratuíta. Está baseado na Biblia e contén as seguintes leccións:

  • Como pode axudarche a Biblia?

  • A Biblia dános esperanza

  • Podes confiar na Biblia?

A medida que investigues o que di a Palabra de Deus, descubrirás que nunca se queda anticuada, os seus consellos son “estables polos séculos dos séculos” (Salmo 111:8, Sagra Biblia en Galego, Manuel Casado Nieto, SBG). Seguilos é a mellor maneira de vivir. Aínda así, Deus non nos obriga a facelo (Deuteronomio 30:19, 20; Xosué 24:15). É unha decisión que cada un de nós ten que tomar.