Ir ó contido

Ir ó índice

Como facer o correcto? A pregunta á que todos nos enfrontamos

Como facer o correcto? A pregunta á que todos nos enfrontamos

Se quixeses viaxar a algún lugar ó que nunca fuches, que farías?

  1. 1. Tomar o camiño que cres que te vai levar ó sitio.

  2. 2. Seguir a outros, esperando que saiban como chegar.

  3. 3. Consultar unha guía fiable, como un GPS, un mapa ou un amigo de confianza que coñeza o camiño.

Se escollemos a primeira ou a segunda opción chegaremos a algún sitio, pero quizais non precisamente a onde queriamos ir. Pola contra, se escollemos a terceira, podemos estar seguros de que chegaremos ó noso destino.

A nosa vida é coma unha viaxe, e esperamos que nos leve a un futuro feliz. Pero que cheguemos ou non ó noso destino vai depender en gran parte de onde busquemos consellos ou guía cando teñamos que tomar decisións.

Aínda que a maioría das decisións que tomamos non teñen un grande efecto a longo prazo na nosa vida, hai outras que si. Estas últimas revelan os nosos valores morais, é dicir, a nosa visión do que está ben e do que está mal. O que fagamos nestes casos afectaranos a nós e ós nosos seres queridos durante moito tempo, xa sexa para ben ou para mal. Estas decisións implican cuestións como:

  • O sexo e o matrimonio

  • A honestidade, o traballo e os cartos

  • A educación dos fillos

  • A forma de tratar a outros

Como podes saber se as túas decisións sobre estes asuntos farán que teñades un futuro feliz, tanto ti como a túa familia?

A pregunta á que todos nos enfrontamos é: “Que guía moral podo usar para tomar boas decisións sobre o que está ben e o que está mal?”.

Nesta revista explícase por que podemos confiar na Biblia como guía moral e como nos pode axudar.