Ir ó contido

Quen foi Xoán Bautista?

Quen foi Xoán Bautista?

O que di a Biblia

 Xoán Bautista foi un profeta de Deus que naceu pouco antes que Xesús (Lucas 1:76). Deus encargoulle que preparase o camiño para o Mesías ou Cristo. Como o fixo? Predicoulles a mensaxe de Deus ós xudeus para que volvesen a carón de Xehová (Marcos 1:1-4; Lucas 1:13, 16, 17).

 A mensaxe de Xoán axudoulles ás persoas sinceras a recoñecer que Xesús de Nazaret era o Mesías prometido (Mateo 11:10). Ademais, animounas a arrepentirse dos seus pecados e a bautizarse como proba do seu arrepentimento (Lucas 3:3-6). A Xoán chámaselle Bautista ou Batista porque bautizou a moita xente. O bautismo máis importante que fixo foi o de Xesús a (Marcos 1:9).

Neste artigo veremos o seguinte:

 Que fixo tan especial a Xoán Bautista?

 O seu labor xa estaba predito: Coa mensaxe que el predicou, Xoán cumpriu a profecía sobre o mensaxeiro de Xehová (Malaquías 3:1; Mateo 3:1-3). Demostrou ser a persoa que prepararía “un pobo ben disposto para o Señor”, é dicir, axudoulles ós xudeus a estar preparados para aceptar a mensaxe de Xesucristo, o representante principal de Deus (Lucas 1:17).

 O que logrou na súa vida: Xesús dixo que “non naceu de muller ninguén meirande ca Xoán Batista, aínda que o máis pequeno no Reino dos Ceos é meirande ca el” (Mateo 11:11). Ningún servo de Deus antes ca el pode ser considerado maior, porque Xoán non foi só un profeta, senón que tamén foi o “mensaxeiro” predito. Estas palabras de Xesús tamén mostran que Xoán non estará no Reino de Deus no ceo b. Este fiel profeta morreu antes de que Xesús fixera posible que as persoas foran ó ceo (Hebreos 10:19, 20). Aínda así, Xoán vai ser un dos cidadáns do Reino de Deus coa esperanza de vivir para sempre na terra feita un paraíso (Salmo 37:29; Lucas 23:43).

 Quen eran os pais de Xoán Bautista?

 Os pais de Xoán chamábanse Zacarías e Isabel. Zacarías foi un sacerdote xudeu. O nacemento de Xoán foi un milagre porque os seus pais xa estaban “moi entrados en anos” e ademais a súa nai era estéril (Lucas 1:5-7, 13).

 Quen foi o culpable da morte de Xoán Bautista?

 O rei Herodes Antipas mandou decapitar a Xoán instigado pola súa muller Herodías. Por que? Xoán dixéralle a Herodes que o seu matrimonio non era legal baixo a lei xudía, por iso Herodías odiábao (Mateo 14:1-12; Marcos 6:16-19).

 Eran rivais Xoán Bautista e Xesús?

 Non hai nada na Biblia que o indique (Xoán 3:25-30). De feito, Xoán recoñeceu que a súa responsabilidade era preparar o camiño para o Mesías, non competir con el. E mesmo dixo: “Vin eu bautizar con auga: para mostralo a Israel”, e engadiu: “É o Fillo de Deus” (Xoán 1:26-34). Por iso Xoán estaba moi feliz ó escoitar o ben que ía a predicación de Xesús.

a Xesús “non fixo pecado” (1 Pedro 2:21, 22). Así que non se bautizou porque se tivese que arrepentir de algo, senón para demostrar que quería facer a vontade de Deus, o que incluía dar a súa vida por nós (Hebreos 10:7-10).

b Ver o artigo: “¿Quiénes van al cielo?”.