As boas noticias segundo Lucas 3:1-38

  • Xoán empeza a súa obra (1, 2)

  • Xoán predica o bautismo (3-20)

  • O bautismo de Xesús (21, 22)

  • Lista de antepasados de Xesucristo (23-38)

3  No ano 15 do reinado de Tiberio César (cando Poncio Pilato era gobernador de Xudea, Herodes* gobernante do distrito* de Galilea, o seu irmán Filipo gobernante do distrito da rexión de Iturea e de Traconítide, e Lisanias gobernante do distrito de Abilene),  nos días do sacerdote principal Anás e de Caifás, Xoán, o fillo de Zacarías, recibiu unha mensaxe de Deus no deserto.  Así que Xoán foi por toda a rexión do Xordán predicando que o bautismo é un sinal de arrepentimento para recibir o perdón dos pecados.  Sucedeu tal como está escrito no libro do profeta Isaías: “Óese a voz de alguén que berra no deserto: ‘Preparade o camiño de Xehová*​! Endereitade os camiños para el!  Cada val ten que encherse, e cada montaña e cada outeiro teñen que aplanarse. Os camiños torcidos teñen que facerse rectos e os camiños irregulares teñen que facerse planos.  E todos verán* a salvación de Deus*​’”.  Así que Xoán empezou a dicirlles ás multitudes que viñan onda el para que as bautizase: “Crías de víboras, quen vos avisou para que escapedes do día da ira de Deus?  Primeiro producide froitos que demostren* que estades arrepentidos. Non empecedes a pensar ‘O noso pai é Abrahán’. Porque vos aseguro que Deus pode sacar fillos de Abrahán incluso destas pedras.  De feito, a machada* xa está ó pé das árbores, así que toda árbore que non dea bo froito será cortada e botada ó lume”. 10  E as multitudes preguntábanlle: “Entón, que temos que facer?”. 11  El contestáballes: “Quen teña dúas pezas de roupa*​, que comparta co que non ten, e quen teña algo de comer, que faga o mesmo”. 12  Incluso viñeron cobradores de impostos a bautizarse e preguntáronlle: “Mestre, que temos que facer?”. 13  El respondeulles: “Non esixades* máis que o imposto que está establecido”. 14  Os soldados tamén lle preguntaban: “Que temos que facer?”. El contestáballes: “Non acosedes* a ninguén nin fagades acusacións falsas contra ninguén. En vez diso, estade contentos co que se vos paga*”. 15  O pobo estaba esperando con ansia o Cristo e todos se preguntaban* se sería Xoán. 16  Pero Xoán explicoulles a todos: “Eu bautízovos con auga, pero vén o que ten máis autoridade ca min, e eu nin sequera merezo desatarlle as correas das sandalias. El vaivos bautizar con espírito santo e con lume. 17  Ten na man a pa* de levantar o trigo, para limpar por completo a súa eira e para xuntar o trigo no seu almacén. Pero queimará a palla cun lume que non se pode apagar”. 18  Tamén lle deu moitos outros consellos ó pobo e seguiu anunciándolles as boas noticias. 19  Pero como Xoán reprendera a Herodes (o gobernante do distrito) polo que pasara con Herodías (a muller do seu irmán) e por tódalas cousas malas que fixera, 20  Herodes fixo outra maldade máis: meteu a Xoán na prisión. 21  Cando todo o pobo se bautizou, Xesús tamén foi bautizado. E mentres oraba, abriuse o ceo 22  e o espírito santo baixou sobre el en forma* de pomba. E escoitouse unha voz desde o ceo que dixo: “Ti es o meu querido Fillo. Tes a miña aprobación”. 23  Xesús tiña uns 30 anos cando empezou o seu ministerio. Segundo se pensaba,era o fillo de Xosé,que era fillo* de Helí, 24  que era fillo de Matat,que era fillo de Leví,que era fillo de Melquí,que era fillo de Xanaí,que era fillo de Xosé, 25  que era fillo de Matatías,que era fillo de Amós,que era fillo de Nahúm,que era fillo de Eslí,que era fillo de Nagai, 26  que era fillo de Maat,que era fillo de Matatías,que era fillo de Semeín,que era fillo de Xosec,que era fillo de Xodá, 27  que era fillo de Xoanán,que era fillo de Resá,que era fillo de Zorobabel,que era fillo de Sealtiel,que era fillo* de Nerí, 28  que era fillo de Melquí,que era fillo de Adí,que era fillo de Cosam,que era fillo de Elmadam,que era fillo de Er, 29  que era fillo de Xesús,que era fillo de Eliezer,que era fillo de Xorim,que era fillo de Matat,que era fillo de Leví, 30  que era fillo de Simeón,que era fillo de Xudas,que era fillo de Xosé,que era fillo de Xonam,que era fillo de Eliaquim, 31  que era fillo de Meleá,que era fillo de Mená,que era fillo de Matatá,que era fillo de Natán,que era fillo de David, 32  que era fillo de Xesé,que era fillo de Obed,que era fillo de Boaz,que era fillo de Salmón,que era fillo de Nasón, 33  que era fillo de Aminadab,que era fillo de Arní,que era fillo de Hezrón,que era fillo de Pérez,que era fillo de Xudá, 34  que era fillo de Xacob,que era fillo de Isaac,que era fillo de Abrahán,que era fillo de Taré,que era fillo de Nacor, 35  que era fillo de Serug,que era fillo de Reú,que era fillo de Péleg,que era fillo de Éber,que era fillo de Selá, 36  que era fillo de Cainán,que era fillo de Arpaxad,que era fillo de Sem,que era fillo de Noé,que era fillo de Lamec, 37  que era fillo de Matusalén,que era fillo de Enoc,que era fillo de Xaret,que era fillo de Malaleel,que era fillo de Cainán, 38  que era fillo de Enós,que era fillo de Set,que era fillo de Adán,que era fillo de Deus.

Notas ó pé

É dicir, Herodes Antipas. Ver glosario.
Lit. “tetrarca”. Un príncipe territorial representante do emperador romano.
Lit. “Toda carne verá”.
Ou “o medio de salvación de Deus”.
Ou “demostrade con feitos”.
Ou “o machado”.
Ou “unha peza de roupa de máis”.
Ou “Non cobredes”.
Ou “Non extorsionedes”, “Non lle quitedes os cartos pola forza”.
Ou “coa vosa ración de provisións”.
Lit. “estaban razoando nos seus corazóns”.
Instrumento agrícola que consiste nun mango que remata nunha lámina de madeira rectangular.
Lit. “forma corporal”.
Neste caso, a palabra fillo quizais se use co significado de “fillo político”, ou “xenro”.
Neste caso, a palabra fillo quizais se use co significado de “fillo político”, ou “xenro”.