Ir ó contido

Galería de fotos de Gran Bretaña N.º 7 (setembro de 2018 a febreiro de 2019)

Galería de fotos de Gran Bretaña N.º 7 (setembro de 2018 a febreiro de 2019)

Nas seguintes fotografías, poderás ver os avances realizados nas obras da nova sede das Testemuñas de Xehová de Gran Bretaña entre setembro de 2018 e febreiro de 2019.

  1. Edificio de produción norte

  2. Edificio de produción sur

  3. Edificio de oficinas

  4. Edificio de vivendas A

  5. Edificio de vivendas B

  6. Edificio de vivendas C

  7. Edificio de vivendas D

  8. Edificio de vivendas E

  9. Edificio de vivendas F

25 de setembro de 2018. Edificio de vivendas A

Uns traballadores do complexo e dos equipos de mecánica colocan unha tubaxe principal de gran sección empregando dúas escavadoras. Ó fondo pódese ver o edificio de oficinas.

26 de setembro de 2018. Edificio de produción sur

Uns contratistas instalan os paneis de acabado da fachada. As cores e os patróns están deseñados para harmonizaren coa paisaxe do entorno.

27 de setembro de 2018. Edificio de produción sur

Despois de verteren o formigón do chan, uns contratistas empregan esparaveladoras helicóptero para crearen unha superficie pulida, lisa e duradeira.

4 de outubro de 2018. Edificio de oficinas

Vista aérea dende o nordés. No primeiro plano os traballadores do complexo despexan a zona e preparan as cotas dos niveis para botar o chan do aparcadoiro principal da recepción. Á esquerda xa se pode ver rematada a estrutura de aceiro para a recepción que une os dous edificios de oficinas. Ó fondo vense os edificios de produción norte e sur.

10 de outubro de 2018. Terreos da nova sucursal

Preto do edificio de vivendas A, unha agrimensora examina e recolle datos do traballo feito polos paisaxistas. Os traballos de paisaxismo fixéronse nas primeiras etapas do proxecto, así que as árbores e as plantas xa estarán ben arraigadas ó remate das obras.

31 de outubro de 2018. Edificio de vivendas F

Dous pintores aplican resina non chan do aparcadoiro. A muller emprega uns chancos con pugas para non danar o acabado. A superficie de resina resulta ideal para esta zona xa que evita o desgaste grazas á súa dureza e repele as manchas de aceite que puideran caer dos vehículos.

6 de novembro de 2018. Edificio de produción sur

Uns fontaneiros cortan as cadeas das que pendurarán os paneis radiantes que quentarán esta ampla zona de traballo.

6 de novembro de 2018. Edificio de oficinas

Uns traballadores dan a primeira man de pintura no interior do edificio de oficinas. Sobre cada unha das futuras oficinas pendura cadansúa unidade de climatización (HVAC) protexida con plástico negro.

8 de novembro de 2018. Edificio de oficinas

Uns traballadores instalan un marco de aceiro enriba da futura recepción.

7 de decembro de 2018. Edificio de oficinas

Uns contratistas empregan unha grúa araña que conta cun sistema de manipulación de cargas por ventosas para instalaren os cristais exteriores do comedor e do auditorio.

10 de decembro de 2018. Edificio de oficinas

Catro mulleres do equipo de datos eléctricos axustan conectores de transmisión no cabo dos cables de datos. Por debaixo do solo dos catro pisos do edificio de oficinas, corren aproximadamente cincuenta quilómetros de cables de datos. O deseño da planta superior deste edificio permite reconfigurar os espazos das oficinas de xeito fácil e sen perturbar o traballo.

26 de decembro de 2018. Edificio de vivendas A

O equipo de resposta inmediata ensaia o rescate dun traballador que caeu do andamio e quedou pendurado do arnés de seguridade.

8 de xaneiro de 2019. Edificio de oficinas

Unha traballadora do complexo prepara os puntos de nivel para facer un sendeiro empedrado. A carón do vieiro, unha escavadora fai os pozos nos que se plantarán unha ringleira de árbores autóctonas chamadas carpe.

9 de xaneiro de 2019. Edificios de produción

Vista aérea. Xa se colocaron os paneis fotovoltaicos nos teitos de ámbolos edificios de produción e mailo edificio de oficinas. Estes paneis transforman a enerxía da luz solar en enerxía eléctrica.

17 de xaneiro de 2019. Edificio de oficinas

Un traballador do equipo de acabados coloca as baldosas no vestíbulo do terceiro andar. A membrana laranxa que se ve debaixo do embaldosado serve de illamento e amais evita que as alteracións que sufre a placa de formigón escache as baldosas.

21 de xaneiro de 2019. Instalacións provisionais

Traballar dá fame, así que os traballadores van buscar de comer ó comedor provisional. Neste comedor sérvense arredor de mil comidas ó día en tres quendas.

30 de xaneiro de 2019. Edificio de oficinas

Uns camións transportan e descargan materiais na parte traseira do complexo de oficinas. Como o sol vai máis baixo no horizonte durante o inverno, á dereita pódense ver as persianas que se colocaron para evitar os reflexos no auditorio e no comedor.

30 de xaneiro de 2019. Edificio de oficinas

O equipo de acabados e uns participantes no programa Voluntario por un día colocan lousas de moqueta. Con este programa convidouse a testemuñas de Xehová de tódalas congregacións de Gran Bretaña e Irlanda para serviren voluntariamente por un día. Grazas a este programa, a finais de febreiro xa participaran máis de 5.500 testemuñas de Xehová neste proxecto.

12 de febreiro de 2019. Edificio de produción sur

Uns contratistas montan un enorme tabique divisorio no centro do edificio para crear dous espazos separados. As balizas de beira de cor laranxa delimitan un corredor seguro para que poidan manobrar as plataformas elevadoras de tesoiras.

20 de febreiro de 2019. Edificio de oficinas

Uns traballadores varren e limpan a área namentres se instala a estrutura do piso elevado da recepción.