Ir ó contido

Galería de fotos de Gran Bretaña N.º 8 (marzo a agosto de 2019)

Galería de fotos de Gran Bretaña N.º 8 (marzo a agosto de 2019)

Nas seguintes fotografías, poderás ver os avances realizados nas obras da nova sucursal das Testemuñas de Xehová de Gran Bretaña entre marzo e agosto de 2019.

  1. Edificio de produción norte (produción de vídeos)

  2. Edificio de produción sur (mantemento e servizos)

  3. Edificio de oficinas

  4. Edificio de vivendas A

  5. Edificio de vivendas B

  6. Edificio de vivendas C

  7. Edificio de vivendas D

  8. Edificio de vivendas E

  9. Edificio de vivendas F

5 de marzo de 2019. Edificio de oficinas

Unha traballadora illa as tubaxes da calefacción na sala de caldeiras.

29 de marzo de 2019. Edificio de produción sur

Uns traballadores especializados colocan azulexo nas paredes das duchas dos vestiarios.

10 de abril de 2019. Edificio de oficinas

Un traballador instala un sistema reticular de protección contra os lóstregos, coñecido como rede aérea de interrupción. Esta rede forma parte dun sistema deseñado para protexer o edificio das descargas eléctricas dos raios. O arnés do traballador está ancorado á cuberta, permitíndolle traballar con seguridade.

16 de abril de 2019. Edificio de oficinas

Dous traballadores limpan os vidros nos que se colocarán adhesivos que farán visibles estes grandes cristais. Isto incrementa a seguridade ó impedir que alguén poida pegar contra eles pensando que non hai cristal.

23 de abril de 2019. Edificio de vivendas A

Unha traballadora do complexo emprega unha cámara de circuíto pechado para comprobar que as drenaxes instaladas recentemente estean limpas e listas para seren empregadas.

23 de abril de 2019. Edificio de oficinas

Uns carpinteiros instalan paneis de madeira nas paredes da zona multiúsos que se empregará tanto de comedor como de auditorio. Aquí tamén se celebrarán eventos especiais.

14 de maio de 2019. Edificio de vivendas B

Uns paisaxistas plantan filas de arbustos autóctonos nun muro de contención.

14 de maio de 2019. Edificio de vivendas A

Uns traballadores do equipo de exteriores colocan un vidro para formar un falso balcón. Estas barreiras protexen os residentes ó tempo que permiten a entrada de luz e aire.

21 de maio de 2019. Edificio de oficinas

Dúas electricistas colocan a iluminación no exterior da recepción principal.

11 de xuño de 2019. Edificio de produción norte

Un traballador do equipo mecánico corta un conduto de ventilación cunha tesoira eléctrica.

17 de xuño de 2019. Edificio de oficinas

Os equipos do complexo e de paisaxismo plantan árbores e preparan as beirarrúas. Á esquerda está a zona multiúsos que se empregará como comedor, auditorio e espazo para eventos. Ó fondo pódese ver o edificio de vivendas A.

24 de xuño de 2019. Edificio de vivendas A

Un técnico instala unha parte do sistema de aspersión contra incendios.

9 de xullo de 2019. Edificio de oficinas

Uns paisaxistas preparan o chan para sementar céspede. Ó fondo pódese ver como limpan as ventás das oficinas cunhas perchas telescópicas que botan auga.

9 de xullo de 2019. Edificio de produción norte

Uns traballadores do equipo de acabados aplican no chan un composto autonivelador. Empregan un rolo especial que lles permite aplicar unha capa uniforme do composto. Despois pásanlle un rolo con pugas para que saian as burbullas de aire.

24 de xullo de 2019. Edificio de oficinas

Uns traballadores do equipo de acabados colocan o chan de vinilo na zona multiúsos que se empregará como comedor, auditorio e espazo para eventos. Na parede do fondo, onde se instalará a plataforma, fixáronse dúas pantallas de televisión sobre paneis acústicos.

26 de xullo de 2019. Edificio de produción norte

A carón do estudio de vídeo, un carpinteiro equipa o salón de peiteado e maquillaxe que usarán os que participen nos vídeos.

1 de agosto de 2019. Edificio de produción norte

Uns carpinteiros instalan os carrís polos que se deslizarán as paredes móbiles. Isto permitirá reconfigurar os espazos das oficinas con facilidade.

1 de agosto de 2019. Edificio de produción norte

Un contratista instala estruturas metálicas no estudio de vídeo. Nestas estruturas pendúranse os equipos necesarios que se empregarán durante as gravacións, como luces ou cámaras.

15 de agosto de 2019. Terreos da nova sucursal

Vista aérea dende o norte. Á esquerda están os edificios de vivendas B, C, D, E e F, que xa están rematados. No centro, o edificio de vivendas A está a piques de finalizarse e o edificio de oficinas xa está acabado. Á dereita están os edificios de produción sur e norte que están case rematados. Namentres, os traballos de axardinamento continúan en todo o recinto.

26 de agosto de 2019. Edificio de oficinas

Uns traballadores colocan o chan do patio que está detrás da recepción. Ó fondo, baixo dunhas carpas que protexen do sol, limpan as lousas de pedra que se acaban de colocar.