Ir ó contido

Como son os cursos da Biblia que ofrecen as testemuñas de Xehová?

Como son os cursos da Biblia que ofrecen as testemuñas de Xehová?

 As testemuñas de Xehová empregan unha maneira eficaz para que poidas aprender o que ensina a Biblia. O noso programa de estudo da Biblia pode axudarche a:

  •   Ter unha vida feliz

  •   Ser amigo de Deus

  •   Aprender o que a Biblia promete para o futuro

Aquí atoparás algunhas preguntas frecuentes sobre os nosos cursos da Biblia.

 Como son os nosos cursos da Biblia?

 Un mestre ensinarache a coñecer a Biblia por temas. Coa axuda do curso da Biblia interactivo Desfruta da vida para sempre! aprenderás máis da Biblia e como esta pode axudarche. Se desexas máis información mira o seguinte vídeo.

 Canto teño que pagar polo curso?

 Nada. As testemuñas de Xehová facemos o que Xesús lles dixo ós seus discípulos: “xa que de balde recibistes, dade de balde tamén” (Mateo 10:8). Non terás que pagar nada polo material do curso, o que inclúe unha Biblia e o manual, o libro Desfruta da vida para sempre!

 Canto dura o curso?

 O curso consta de 60 leccións. O ritmo decídelo ti. Por exemplo, moitos estudantes deciden facer unha ou máis leccións por semana.

 Por onde comezo?

  1.  1. Enche o formulario en liña. Usaremos os teus datos persoais soamente para que unha testemuña de Xehová se poña en contacto contigo.

  2.  2. Unha testemuña de Xehová contactará contigo. Explicarache como será o curso da Biblia interactivo e responderá a calquera pregunta que poidas ter.

  3.  3. Ti e o mestre decidides cando estudar. O curso pode ser en persoa ou por teléfono, vídeo chamada, correo ou correo electrónico. As clases acostuman durar unha hora, pero poden ser máis curtas ou máis longas para adaptarse ó teu horario.

 Podo facer unha clase de proba?

 Por suposto. Para facelo enche o formulario en liña. Cando o mestre se poña en contacto contigo, dille que queres facer unha clase de proba para saber se che gusta. Neste caso o mestre usará o folleto Desfruta da vida para sempre! que contén as tres primeiras leccións do curso.

 Se acepto un curso da Biblia, vanme insistir para facerme testemuña de Xehová?

 Non. Ás testemuñas de Xehová encántanos ensinarlles a outras persoas o que di a Biblia, pero nunca obrigamos a ninguén a que se una á nosa relixión. Máis ben, o que facemos é ensinar con respecto o que di a Biblia e recoñecemos que cada persoa ten o dereito de decidir o que cre (1 Pedro 3:15, 16).

 Podo usar a miña propia Biblia?

 Podes empregar a tradución da Biblia que desexes. Aínda que nos gusta usar a Traducción del Nuevo Mundo porque é sinxela e exacta, recoñecemos que moitas persoas prefiren usar unha tradución coa que estean familiarizados.

 Podo invitar a outras persoas ó curso?

 Si. Podes invitar a calquera familiar ou amigo que desexes.

 Se xa estudei a Biblia coas testemuñas de Xehová, podo volver estudar?

 Si. De feito, pode que desfrutes máis ca antes. O curso actualizouse para adaptarse ó que necesitan agora as persoas. É máis visual e interactivo que os programas de estudo anteriores.

 Hai algunha opción para estudar a Biblia sen un mestre?

 Si. Aínda que a maioría dos estudantes aprenden mellor coa axuda dun mestre, algúns prefiren estudar pola súa conta ó principio. A sección “Axudas para estudar a Biblia” contén ferramentas gratuítas que poden axudarche. Estas son algunhas que poden serche útiles:

  •   Vídeos sobre a Biblia. Estes vídeos curtos explican ensinanzas básicas sobre a Biblia.

  •   Preguntas sobre a Biblia. Estes artigos dan resposta a moitas preguntas sobre a Biblia.

  •   Textos bíblicos explicados. Descubre o verdadeiro significado dalgunhas frases e textos bíblicos moi coñecidos.