Ir ó contido

Cren en Xesús as testemuñas de Xehová?

Cren en Xesús as testemuñas de Xehová?

 Si. Cremos en Xesús, quen dixo: “Eu son o camiño, a verdade e a vida: ninguén chega onda o Pai máis ca por min” (Xoán 14:6). Estamos convencidos de que Xesús veu á Terra dende o ceo e sacrificou a súa vida humana perfecta para rescatarnos (Mateo 20:28). Grazas á súa morte e resurrección, aqueles que exerzan fe nel terán vida eterna (Xoán 3:16). Tamén cremos que Xesús é o actual rei do Reino de Deus, o cal moi pronto estenderá a paz a toda a Terra (Apocalipse 11:15). Non obstante, el dixo: “O Pai é máis ca min” (Xoán 14:28). Nós cremos nas súas palabras e, polo tanto, non adoramos a Xesús nin cremos que sexa o Deus Todopoderoso.