Ir ó contido

Aprendeu dos presos

Aprendeu dos presos

 No ano 2011, un home procedente de Eritrea chegou a Noruega como refuxiado. Cando as testemuñas de Xehová falaron con el, díxolles que xa falara con algunha na súa terra. Contoulles que, mentres el estaba no exército en Eritrea, vira como algunhas testemuñas de Xehová foran encarceradas pola súa fe e negábanse a unirse ó exército malia seren tratadas con crueldade.

 Pero de súpeto el tamén acabou no cárcere. Alí coñeceu a tres testemuñas de Xehová que levaban presas dende 1994: Paulos Eyasu, Negede Teklemariamm e Isaac Mogos.

 Estando no cárcere, este home puido decatarse por el mesmo de que as testemuñas de Xehová viven de acordo co que ensinan. Destacou o honestos que eran e que incluso compartían a súa comida con outros presos. Puido ver como os irmáns encarcerados estudaban xuntos a Biblia tódolos días e invitaban a outros a facelo con eles. Cando lles ofrecían unha declaración de renuncia da súa fe para marcharen en liberdade, negábanse a firmala.

 Esta experiencia causou un forte impacto neste home sincero. Despois de establecerse en Noruega, quixo saber por que as testemuñas de Xehová teñen unha fe tan profunda. Así que, cando falaron con el, comezou decontado un curso da Biblia e a ir ás reunións.

 En setembro de 2018, bautizouse como testemuña de Xehová. Agora aproveita tódalas oportunidades que ten para falar con persoas de Eritrea e Sudán e animalas a estudar a Biblia para que poidan cultivar unha fe profunda.