Ir ó contido

PREGUNTAS DA XUVENTUDE

Como me pode axudar a Biblia? | Parte 2. Desfruta lendo a Biblia

Como me pode axudar a Biblia? | Parte 2. Desfruta lendo a Biblia

 “A Biblia pode parecer aburrida”, dixo un mozo chamado Will, “se non sabes como lela”.

 Gustaríache descubrir algún segredo para desfrutar da lectura da Biblia? Este artigo vaiche axudar.

 Fai que os relatos da Biblia cobren vida

 Métete no relato que estás lendo. Proba isto:

  1.   Escolle un relato da Biblia que che gustaría estudar. Poderías escoller unha historia da Biblia, unha pasaxe dos evanxeos ou unha das lecturas dramatizadas da Biblia que están dispoñibles en jw.org.

  2.   Le o relato. Podes lelo para ti ou podes lelo en voz alta cos teus amigos e familiares. Un de vós pode facer de narrador e os demais poden repartirse os personaxes.

  3.   Proba unha ou varias das seguintes ideas:

    •   Fai un debuxo ou unha serie de debuxos que che axuden a visualizar o relato. Escribe unha frase para describir o que está ocorrendo en cada escena.

    •   Fai un esquema. Por exemplo, se estás lendo sobre un personaxe fiel, relaciona as súas calidades e accións coas bendicións que recibiu.

    •   Converte o relato nunha noticia. Conta a historia dende diferentes puntos de vista e inclúe entrevistas ós personaxes principais e a outras persoas que viron o que pasou.

    •   Se un dos personaxes do relato tomou unha mala decisión, imaxina un final diferente. Por exemplo, pensa na vez na que Pedro negou a Xesús (Marcos 14:66-72). Como podería Pedro responder mellor á presión?

    •   Se te sentes especialmente creativo, por que non intentas escribir a túa propia historia baseada nun relato da Biblia? Inclúe as leccións que podes aprender do relato (Romanos 15:4).

      Podes facer que os relatos da Biblia cobren vida!

 Investiga

 Se analizas os detalles, podes descubrir xoias ocultas nun relato. De feito, ás veces unha historia da Biblia pode ter unha ou dúas palabras das que podes sacar moitas leccións.

 Por exemplo, compara Mateo 28:7 con Marcos 16:7.

  •    Por que Marcos incluíu o detalle de que Xesús se lles aparecería ós discípulos “e mais a Pedro”?

  •  Pista. Marcos non estaba alí para ver o que pasou. Evidentemente foi Pedro quen llo contou.

  •  Xoia oculta. Por que debeu animar a Pedro escoitar que Xesús quería volver a velo? (Marcos 14:66-72) Como lle demostrou Xesús a Pedro que era un verdadeiro amigo? Como podes imitar a Xesús e ser un bo amigo?

 Cando fas que o relato cobre vida e investigas os detalles, desfrutas moito máis de ler a Biblia.