Ir ó contido

Ir ó índice

Existirá algún sistema económico xusto?

Existirá algún sistema económico xusto?

 En moitos países as persoas protestan porque senten que as condicións económicas son inxustas. Esta situación empeorou coa pandemia da COVID-19, que provocou que as persoas estiveran máis infelices por culpa do confinamento, da escaseza de alimento e do acceso limitado á atención médica, que fixo máis clara a diferenza entre ricos e pobres.

 Acabarán algún día os problemas económicos que fan sufrir as persoas? Si, a Biblia di que Deus poñerá fin a estes problemas.

Problemas económicos que Deus solucionará

 Problema: Os seres humanos non foron capaces de conseguir un sistema económico que solucionara os problemas de tódalas persoas.

 Solución: Deus substituirá os gobernos humanos por un único goberno, chamado o Reino de Deus. Este reinará dende o ceo sobre toda a Terra (Daniel 2:44; Mateo 6:10).

 Resultado: Este goberno, o Reino de Deus, solucionará tódolos problemas da Terra. Xa non haberá máis pobreza e ninguén terá medo de non ter o suficiente para vivir (Salmo 9:8-10, 19 [9:7-9, 18, TNM]). Pola contra, as persoas desfrutarán do seu traballo e vivirán felices xunto coa súa familia. A Biblia promete: “Construirán casas e habitaranas e plantarán viñas e comerán os seus froitos. Non construirán para que outro habite, nin plantarán para que outro coma” (Isaías 65:21, 22).

 Problema: As persoas non poden evitar algunhas situacións que lles fan sufrir e lles impiden ter o necesario.

 Solución: O Reino de Deus eliminará todo o que nos cause medo e inseguridade.

 Resultado: Baixo o seu goberno, Deus non permitirá que as familias perdan o que necesitan para vivir. Por exemplo, xa non existirán máis as guerras, a fame e as pandemias (Salmo 46:10 [46:9, TNM]; 72:16; Isaías 33:24). Deus di: “Entón o meu pobo vivirá nun campo de paz, en casas seguras e en mansións tranquilas” (Isaías 32:18).

 Problema: As persoas egoístas e cobizosas adoitan aproveitarse doutras.

 Solución: Baixo o Reino de Deus, aprenderemos a amar máis a outras persoas que a nós mesmos (Mateo 22:37-39).

 Resultado: Cando Deus goberne todos demostraremos o seu amor, ese tipo de amor “non busca a súa comenencia” (1 Corintios 13:4, 5). A Biblia di: “Ningún será malvado nin fará o mal en todo o meu monte santo: o país estará cheo de coñecemento do Señor, o mesmo que as augas enchen o mar” (Isaías 11:9).

 A Biblia explica que vivimos nos últimos días deste sistema e que Deus pronto cumprirá a súa promesa de poñer fin a tódolos problemas económicos. a (Salmo 12:6 [12:5, TNM]). Mentres tanto, os principios da Biblia axudaranche a facerlle fronte ós problemas económicos. Podes consultar os artigos “Cómo vivir con menos” e “Una opinión realista del dinero”.

a Para saber por que podes confiar na Biblia podes ver o artigo “La Biblia tiene la verdad”.