Ir ó contido

Ir ó índice

Que logrará o Reino de Deus?

Que logrará o Reino de Deus?

Xesús ensinoulles ós seus discípulos a pedir que viñese o Reino de Deus. El sabía que Deus non quería que na Terra pasasen cousas malas. Ademais, tamén sabía que o Reino de Deus é o único goberno que pode solucionar estes problemas. Que conseguirá este Reino?

O QUE XA CONSEGUIU O REINO DE DEUS

No artigo anterior analizamos o sinal que Xesús deu. Este sinal dános probas visibles que demostran que o Reino de Deus xa se estableceu no ceo e que Xesús é o seu Rei.

A Biblia di que nada máis ser nomeado Rei, Xesús botou a Satanás e os demos do ceo. Por iso, agora só poden actuar na Terra. Esta é unha das razóns polas que as cousas empeoraron tanto a partir do ano 1914 (Apocalipse 12:7, 9).

A pesar de que as condicións do mundo van a peor, Xesús, como Rei do Reino, fixo cousas para axudar ás persoas por toda a Terra. Grazas ó labor de ensinanza da Biblia a nivel mundial que Xesús predixo, moitos están coñecendo e aplicando na súa vida os principios bíblicos (Isaías 2:2-4). Millóns de persoas xa aprenderon a non deixar que o traballo sexa o máis importante na súa vida, a mellorar a relación que teñen cos seus familiares e a desfrutar das cousas materiais sen facerse escravo delas. Estanlles sacando proveito ós consellos da Biblia xa agora e preparándose para ser a clase de persoas que Deus quere como súbditos do seu Reino.

QUE VAI FACER O REINO DE DEUS PRONTO?

Xesús xa está gobernando no ceo, pero na Terra aínda gobernan os seres humanos. Non obstante, Deus deulle as seguintes instrucións a Xesús: “Domina nos teus inimigos” (Salmo 110:2). Pronto, Xesús destruirá por completo a tódolos que se opoñan ó Reino de Deus e solucionará os problemas daquelas persoas que estean dispostas a obedecer a Deus.

Nese tempo, o Reino de Deus tomará as seguintes medidas:

  • Eliminará as relixións falsas. As relixións que contaron mentiras sobre Deus e que lles fixeron difícil a vida ás persoas xa non existirán máis. Na Biblia compárase as relixións falsas cunha prostituta. A súa destrución collerá a moitos por sorpresa (Apocalipse 17:15, 16).

  • Acabará coa gobernación humana. O Reino de Deus poñerá fin a todo tipo de gobernación humana (Apocalipse 19:15, 17, 18).

  • Destruirá as persoas malvadas. Que vai pasar con aquelas persoas que insistan en facer cousas malas e non queiran obedecer a Deus? A Biblia di: “Os malvados serán desbotados da terra” (Proverbios 2:22).

  • Eliminará a Satanás e os demos. A Biblia explica que xa non van poder enganar nunca máis “as nacións” (Apocalipse 20:3, 10).

Que significarán todas estas medidas para aqueles que acepten o Reino de Deus?

QUE VAI FACER O REINO DE DEUS POLA HUMANIDADE?

Xesús reinará dende o ceo e conseguirá facer máis cousas polas persoas das que ningún gobernante humano puido lograr. Con el gobernarán 144.000 axudantes escollidos da humanidade (Apocalipse 5:9, 10; 14:1, 3). Xesús asegurarase de que se faga a vontade de Deus na Terra. Que vai facer o Reino de Deus pola humanidade?

  • Eliminará as enfermidades e a morte. A Biblia afirma: “Ningún habitante dirá: ‘Estou enfermo’”. Tamén explica: “A morte xa non existirá máis” (Isaías 33:24, TNM; Apocalipse 21:4).

  • Conseguirá verdadeira paz e seguridade. A Biblia di “O meu pobo vivirá nun campo de paz” e “cada un sentará debaixo da súa parra e debaixo da súa figueira sen que ninguén o atemorice” (Isaías 32:18; Miqueas 4:4).

  • Haberá traballo satisfactorio para todos. A Biblia promete: “Os meus elixidos disfrutarán da obra das súas mans. Non se fatigarán en van” (Isaías 65:22, 23).

  • Resolverá os problemas medioambientais. A Biblia explica: “¡Que se alegren o deserto e maila terra reseca, que brinque de ledicia a estepa e que floreza!” (Isaías 35:1).

  • Ensinaralles ás persoas o que teñen que facer para vivir para sempre. A Biblia di: “E nisto consiste a vida eterna: que te coñezan a ti, o único Deus verdadeiro, e a quen mandaches, Xesús Cristo” (Xoán 17:3).

Deus quere que ti tamén te poidas beneficiar de todas estas cousas boas (Isaías 48:18). O seguinte artigo explicará o que podes facer para desfrutar dun futuro marabilloso.