Ir ó contido

Ir ó índice

Rematará algún día o terrorismo?

Rematará algún día o terrorismo?

 Cando ocorre un ataque terrorista é normal que te preguntes: “Impórtalle a Deus o que pasa? Por que ocorren estas cousas? Rematará algún día o terrorismo a? Como podo vivir sentindo este medo?”. A Biblia dá unha resposta clara a estas preguntas.

Que pensa Deus do terrorismo?

 Deus odia a violencia e o terrorismo (Salmo 11:5; Proverbios 6:16, 17). Xesús, o representante de Deus, corrixiu os seus discípulos cando eles actuaron dun xeito violento (Mateo 26:50-52). Aínda que algúns afirman que cometen ataques violentos no nome Deus, el non aproba estas accións. De feito, nin tan sequera escoita as súas oracións (Isaías 1:15).

 Deus preocúpase por tódolos que están sufrindo, incluídos aqueles que son vítimas de ataques terroristas (Salmo 31:7; 1 Pedro 5:7). A Biblia tamén di que Deus actuará para poñerlle fin á violencia (Isaías 60:18).

A orixe do terrorismo

 A Biblia revela a verdadeira causa que hai detrás do terrorismo, o “home domina sobre outro para mal” (Eclesiastés 8:9). Ó longo da historia persoas con poder utilizaron o terror para oprimir a outros. Por culpa desta opresión, algúns responderon con actos terroristas (Eclesiastés 7:7, TNM).

A fin do terrorismo

 Deus promete eliminar o medo e a violencia, e traer paz á Terra (Isaías 32:18; Miqueas 4:3, 4). El fará o seguinte:

  •   Eliminará a orixe do terrorismo. Deus substituíra os gobernos humanos co seu goberno mundial. O seu gobernante, Xesucristo, tratará a todos con xustiza e eliminará a opresión e a violencia (Salmo 72:2, 14). Daquela non haberá máis terrorismo. Tódalas persoas desfrutarán de “paz perfecta” (Salmo 37:10, 11).

  •   Reparará todo o dano causado polo terrorismo. Deus curará os danos físicos das persoas e os traumas emocionais causados polo terrorismo (Isaías 65:17; Apocalipse 21:3, 4). Incluso promete que resucitará os que morreron, devolveraos á vida nun mundo pacífico (Xoán 5:28, 29).

 A Biblia dá boas razóns para confiar en que Deus actuará pronto. Non obstante, pode que te preguntes: “Por que Deus non acabou xa co terrorismo?”. Para atopar a resposta, podes ver o vídeo Por que permite Deus o sufrimento?

a Polo xeral, a palabra “terrorismo” refírese ó uso da violencia ou ameazas, sobre todo contra os cidadáns, para provocar medo e conseguir un obxectivo político, relixioso ou social. Non obstante, pode que as persoas non estean de acordo en se un suceso en concreto se considera terrorismo ou non.