Ir ó contido

Ir ó índice

John Moore/Getty Images

Que fará o Reino de Deus coa saúde?

Que fará o Reino de Deus coa saúde?

 O feito de que a COVID-19 xa non sexa unha emerxencia mundial non significa que deixe de ser unha ameaza sanitaria. [. . .] Cando a próxima pandemia pete na porta, que o fará, debemos estar preparados” (Tedros Adhanom Ghebreyesus, director xeral da Organización Mundial da Saúde, 22 de maio de 2023).

 Moitas persoas seguen loitando con secuelas físicas e mentais por culpa da pandemia da COVID-19. Estarán os gobernos e institucións sanitarias preparadas para a seguinte pandemia? Poderán axudarnos cos nosos problemas de saúde actuais?

 A Biblia di que “o Deus do ceo suscitará [ou establecerá] un reino”. Este reino ou goberno coidará á perfección da nosa saúde (Daniel 2:44). Baixo este goberno “ningún habitante dirá: ‘Estou enfermo’” (Isaías 33:24, TNM). Tódalas persoas desfrutarán de ter enerxías e boa saúde (Xob 33:25).