Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 25

Como e por que construímos os nosos locais de reunión?

Como e por que construímos os nosos locais de reunión?

Bolivia

Nixeria, antes e despois

Tahití

Cando Xesús estivo na Terra, predicou o Reino de Deus. Nas nosas reunións esta ensinanza da Biblia segue a ser o tema principal (Lucas 8:1).

Son lugares onde se ensina a verdade sobre Deus na comunidade. Nos locais onde celebramos as reunións tamén organizamos a predicación (Mateo 24:14). Aínda que varían en tamaño e deseño, todos son funcionais e sen luxos. Moitos son utilizados por máis dunha congregación. Nos últimos anos construímos decenas de miles de novos locais, cinco ó día de media, para ir ó paso do crecemento das nosas congregacións. Como é isto posible? (Mateo 19:26).

Son construídos coas doazóns feitas a un fondo común. Estes donativos envíanse á sucursal correspondente, e as congregacións que precisen un local novo ou reformar o seu poden solicitar os cartos necesarios.

Son construídos por unha ampla variedade de voluntarios sen salario. En moitos países dispoñemos de Equipos de Construción de Locais de Reunión. Son un conxunto de voluntarios, algúns permanentes e outros temporais, que percorren o país axudando ás congregacións locais cos seus proxectos de construción ou reforma, mesmo nas zonas máis apartadas. En cambio, noutros países contamos cun grupo de irmáns coas capacidades necesarias para dirixir en cada rexión as labores de construción ou de reforma. Neste caso, algúns son profesionais da construción, pero a gran maioría dos voluntarios é xente das congregacións locais sen experiencia neste ramo. O espírito de Xehová e o esforzo “con toda a alma” do seu pobo fan posible sacar adiante todo este traballo (Salmo 127:1; Colosenses 3:23).

  • Como facemos para construír os nosos locais de reunión por todo o mundo?