Ir ó contido

Ir ó índice

SECCIÓN 9

Adorade a Xehová en familia

Adorade a Xehová en familia

“Adorade o creador do ceo e da terra” (Apocalipse 14:7)

Segundo viches neste folleto, a Biblia contén moitos principios que vos axudarán a ti e á túa familia. Xehová quere que sexades felices. De feito, promete que, se facedes da Súa adoración o máis importante para vosoutros, daravos tódalas cousas necesarias para vivir (Mateo 6:33). Deus quere que sexades os seus amigos. Aproveitade calquera oportunidade que teñades para cultivar a vosa amizade con Deus. É o maior honor que calquera persoa pode ter (Mateo 22:37, 38).

1 FORTALECE A TÚA RELACIÓN CON XEHOVÁ

QUE DI A BIBLIA? “Serei un pai para vós e vós seredes para min fillos e fillas” (2 Corintios 6:18). Deus quere que sexas o seu amigo íntimo. Orarlle axudarate a selo. Xehová invítate a ‘orar constantemente’ (1 Tesalonicenses 5:17). Xehová desexa que lle contes o que pensas e as túas preocupacións (Filipenses 4:6). Se oras coa túa familia, verán que Deus é real para ti.

Ademais de falar con Deus, tamén tes que escoitar o que el che di. Podes facer isto estudando a Biblia e publicacións baseadas nela (Salmo 1:1, 2). Medita no que aprendes (Salmo 77:11, 12). Escoitar a Xehová tamén inclúe asistir con regularidade ás reunións cristiás (Salmo 122:1-4).

Outra forma importante de fortalecer a túa relación con Deus é falándolles a outros acerca del. Canto máis o fagas, máis preto del te sentirás (Mateo 28:19, 20).

QUE PODES FACER?

  • Aparta tempo cada día para ler a Biblia e orar.

  • Como familia, dádelle prioridade ás actividades espirituais por riba do ocio.

2 DESFRUTADE DA VOSA ADORACIÓN EN FAMILIA

QUE DI A BIBLIA? “Achegádevos a Deus e El achegarase a vós” (Santiago 4:8). Tes que planificar e seguir un programa regular de adoración en familia (Xénese 18:19). Pero non chega só con isto. Deus debe estar presente no voso día a día. Fortalece a relación que a túa familia ten con Deus falando acerca del “estando na túa casa e indo polo teu camiño, estando deitado e estando de pé” (Deuteronomio 6:6, 7). Ponte o obxectivo de ser coma Xosué, quen dixo: “Eu e maila miña familia serviremos ó Señor” (Xosué 24:15).

QUE PODES FACER?

  • Ten un programa regular de adoración que che permita atender as necesidades de cada un dos membros da familia.