Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 5

Que propósito ten Deus para a Terra?

Que propósito ten Deus para a Terra?

1. Para que creou Deus a Terra?

Xehová creou a Terra para que fose o fogar da humanidade. Polo tanto, a primeira parella humana, Adam e Eva, non foi creada para vivir no ceo. De feito, Deus xa creara os anxos para que vivisen no ceo (Xob 38:4, 7). Máis ben, Deus estableceu o primeiro home nun marabilloso paraíso, o xardín de Edén (Xénese 2:15-17). Xehová puxo diante deles e dos seus fillos a posibilidade de gozar dunha vida sen fin na Terra. Le Salmo 37:29; 115:16.

Ó principio só o xardín de Edén era un paraíso. A primeira parella humana foi creada co propósito de poboar e coidar a Terra coa súa descendencia e, co tempo, facer dela un paraíso (Xénese 1:28). A Terra nunca será destruída, sempre será o fogar da humanidade. Le Salmo 104:5.

Ver o vídeo Por que Deus creou a Terra?

2. Por que a Terra non é un paraíso?

Como Adam e Eva desobedeceron a Deus, Xehová botounos do xardín de Edén. O Paraíso perdeuse e ningún ser humano pode restauralo. A partir dese momento a Terra pasou a estar nas mans de xente mala (Xob 9:24). Le Xénese 3:23, 24.

Desistiu Xehová do seu propósito para a humanidade? Por suposto que non. El é o Todopoderoso e sempre cumpre o que se propón (Isaías 45:18). Fará que a vida humana sexa como el tiña pensado nun principio. Le Salmo 37:11, 34.

3. Cómo se restaurará o Paraíso?

O Paraíso será restaurado cando Xesucristo goberne a Terra como rei. Nunha guerra que se chama Harmaguedón, Xesús dirixirá os anxos de Deus para acabar con tódolos que se opoñen a Deus. Entón Xesús encerrará a Satán durante mil anos. Os que obedecen a Deus sobrevivirán a esta destrución grazas a que Xesús os guiará e os protexerá. Gozarán de vida eterna no Paraíso na Terra. Le Apocalipse 20:1-3; 21:3, 4.

4. Cando acabará o sufrimento?

Cando vai acabar Deus co mal que hai na Terra? Xesús deu un sinal que indicaría cando se achegaría o fin. As condicións actuais ameazan a existencia da humanidade e demostran que estamos preto do fin deste mundo malvado. Le Mateo 24:3, 7-14, 21, 22.

Xesús eliminará todo o que causa sufrimento durante os mil anos que goberne a Terra (Isaías 9:5, 6; 11:9). Ademais de reinar, Xesús actuará como sumo sacerdote e así borrará os pecados dos que aman e obedecen a Deus. Polo tanto, mediante Xesús, Deus eliminará a enfermidade, a vellez e a morte. Le Isaías 25:8; 33:24.

5. Quen vivirá no vindeiro Paraíso?

Nas reunións das testemuñas de Xehová coñecerás xente que ama a Deus e quere aprender como agradarlle

A xente que obedeza a Deus vivirá no Paraíso (1Xoán 2:17). Xesús enviou os seus seguidores a buscar xente mansa para ensinarlles como agradarlle a Deus. Hoxe en día, Xehová está a preparar a millóns de persoas para vivir no Paraíso na Terra (Sofonías 2:3). Nas reunións das testemuñas de Xehová, moitos están a aprender como ser mellores esposos, pais ou nais. Familias enteiras adoran xuntos e aprenden como as ensinanzas da Biblia melloran as súas vidas. Le Miqueas 4:1-4.