Ir ó contido

Uso de datos persoais. República Checa

Uso de datos persoais. República Checa

Este documento de tratamento de datos explica como e por que as Testemuñas de Xehová recompilan e usan datos persoais dos publicadores, e describe os dereitos que teñen os publicadores con relación ós seus datos persoais. As referencias que se fan neste documento a “ti” e “teu” refírense ós individuos que son publicadores a bautizados ou non bautizados nunha congregación das Testemuñas de Xehová, cuxos datos persoais son procesados polas Testemuñas de Xehová para organizar e supervisar as actividades relixiosas das Testemuñas de Xehová.

As Testemuñas de Xehová operan globalmente. Neste documento, as expresións “Organización Relixiosa”, “noso”, “nós” ou “nos” refírese á organización relixiosa mundial das Testemuñas de Xehová ou a unha ou máis das entidades usadas polas Testemuñas de Xehová. Estas entidades inclúen a congregación local, a sucursal local e outras entidades usadas polas Testemuñas de Xehová. Unha ou máis destas entidades controlan a utilización dos teus datos persoais, dependendo da natureza da súa interacción con nós. A Asociación Relixiosa das Testemuñas de Xehová é quen controla os datos persoais dos publicadores das congregacións da República Checa.

Segundo se explica no libro Organizados para hacer la voluntad de Jehová, recompilamos datos persoais directamente de ti, de fontes públicas dispoñibles ou doutros cando ti chegas a ser publicador para que poidas participar en actividades relixiosas relacionadas coa túa adoración e para que ti poidas recibir apoio espiritual (1 Pedro 5:2).

Se tes calquera pregunta relacionada co uso dos teus datos persoais ou queres contactar co teu delegado de protección de datos, por favor, envía un correo electrónico ó seguinte enderezo:

DataProtectionOfficer.CZ@jw.org.

A continuación encontrarás máis información sobre a utilización de datos persoais.

Datos persoais que recompilamos sobre ti

Ti proporcionaches de forma voluntaria a maioría de datos persoais que recompilamos e usamos para organizar e supervisar as actividades relixiosas das Testemuñas de Xehová. Por iso, polo xeral, os datos persoais que recompilamos e utilizamos resultaranche obvios. Estes datos inclúen:

  • Datos básicos, como o teu nome, data de nacemento e sexo.

  • Datos de contacto, como o teu enderezo postal, enderezo de correo electrónico, números de teléfono e contacto de emerxencia.

  • Información espiritual, como a data na que te bautizaches, se es “unxido” ou das “outras ovellas”, calquera responsabilidade ou tarefa que teñas na congregación local ou na Organización Relixiosa, a túa actividade na predicación, o teu estado espiritual e calquera dato asociado a ese estado, e calquera outra información similar relacionada co teu benestar espiritual.

Os datos persoais que recompilamos tamén poden incluír categorías especiais de datos persoais (datos de categoría especial). Os datos de categoría especial inclúen a orixe étnica e as crenzas relixiosas, entre outros.

Propósitos e base legal para a utilización dos teus datos persoais

A nosa política é recompilar só os datos persoais necesarios para os nosos obxectivos e procesalos legalmente sobre unha base xurídica válida.

Cando ti chegas a ser publicador, nós recompilamos e usamos os teus datos persoais de forma legal, de acordo co noso interese lexítimo de organizar e supervisar as actividades relixiosas das Testemuñas de Xehová para que ti poidas participar en actividades relixiosas relacionadas coa túa adoración e recibir apoio espiritual. Cando os datos que procesamos implican algunha categoría especial de datos persoais, como as túas crenzas relixiosas, procesamos os datos coa protección apropiada e non compartimos esa información sen o teu permiso con ninguén fóra da Organización Relixiosa. Analizamos e temos en conta calquera potencial impacto en ti e nos teus dereitos antes de procesar os teus datos persoais para os nosos intereses lexítimos.

Tamén poderemos usar os teus datos persoais para obedecer algunha obrigación legal. En caso de emerxencia, poderemos usar como base os teus intereses vitais ou os doutra persoa para procesar datos persoais.

Polo xeral, non procesamos datos persoais en base ó consentimento, pois normalmente podemos facelo con outra base legal. Con todo, se expresaches explicitamente o teu consentimento para que procesemos os teus datos persoais usaremos ese consentimento como base. Ten en conta que os datos de menores procesaranse co consentimento dun dos pais ou titor legal.

Nesta táboa, podes ver as maneiras como usamos os teus datos persoais e a base legal para facelo. Por favor, contacta co delegado de protección de datos local se necesitas máis información. Podes usar o contacto mencionado enriba.

Propósito e/ou actividade

Tipo de datos

Base legal para o procesamento

Retención

  • Manter o Registro de publicador de la congregación (rexistros eclesiásticos)

  • Datos básicos

  • Información espiritual

  • Categorías especiais de datos persoais: crenzas relixiosas

  • Interese lexítimo: para organizar e supervisar as actividades relixiosas das Testemuñas de Xehová

  • Publicadores activos: ano de servizo actual e pasado

  • Publicadores inactivos: último ano de servizo activo

  • Non hai retención para as persoas que xa non son testemuñas de Xehová

  • Nota: un ano de servizo vai dende setembro ata agosto

  • Participar en reunións, actividades voluntarias ou proxectos das Testemuñas de Xehová

  • Datos básicos

  • Para algunhas actividades ou proxectos: datos de contacto e unha cantidade limitada de información espiritual

  • Categorías especiais de datos persoais: crenzas relixiosas

  • Interese lexítimo: manter e administrar as actividades relixiosas das testemuñas de Xehová

  • Non hai retención para a participación en reunións

  • O tempo que sexa necesario para a túa participación nunha actividade voluntaria ou proxecto

  • Cumprir cunha responsabilidade ou función nunha congregación; isto pode incluír compartir o teu nome, responsabilidade ou designación con outros na congregación local ou, nalgúns casos limitados, dentro da Organización Relixiosa, nun taboleiro de anuncios ou por medios electrónicos que cumpran coa protección de datos

  • Datos básicos

  • Cantidade limitada de información espiritual: responsabilidade ou designación na congregación local ou nas Testemuñas de Xehová

  • Categorías especiais de datos persoais: crenzas relixiosas

  • Interese lexítimo: manter e administrar as actividades relixiosas das testemuñas de Xehová

  • Os programas das reunións de congregación retéñense ata que un novo programa os substitúe

  • A congregación retén a información actual de asignación ós grupos de predicación

  • O tempo que fose necesario para cumprir co seu propósito e coa asignación

  • Coidado espiritual e pastoreo por parte dos anciáns das Testemuñas de Xehová

  • Datos básicos

  • Datos de contacto

  • Información espiritual

  • Categorías especiais de datos persoais: crenzas relixiosas

  • Interese lexítimo: organizar e supervisar as actividades relixiosas das Testemuñas de Xehová (Feitos 20:28; Santiago 5:14, 15)

  • As cartas de presentación son retidas de acordo coa política local de retención

  • O tempo que fose necesario para cumprir co seu propósito

  • Procesar a información de contacto de emerxencia

  • Datos básicos

  • Datos de contacto

  • O interese vital do publicador. O publicador proporciona a información necesaria do seu contacto de emerxencia

  • O tempo que o publicador permaneza na congregación

  • Calquera outra actividade que consideremos necesaria para manter e administrar a relixión ou as actividades relixiosas das Testemuñas de Xehová ou que sexa requirida pola lei. (Nestes casos recibirás a debida notificación antes de que os teus datos sexan procesados)

  • Datos básicos

  • Datos de contacto

  • Información espiritual

  • Categorías especiais de datos persoais: crenzas relixiosas

  • Interese lexítimo: organizar e supervisar as actividades relixiosas das Testemuñas de Xehová; ou

  • Obrigación legal; ou

  • Consentimento

  • O tempo que fose necesario para cumprir co seu propósito ou cos requisitos legais

Retención

Retemos datos persoais só mentres sexa necesario para os propósitos descritos na sección “Propósitos e base legal para a utilización dos teus datos persoais”.

Para determinar o período apropiado de retención para datos persoais, temos en conta os requisitos legais aplicables e a cantidade, natureza e sensibilidade dos datos persoais; o risco potencial de prexuízo por utilización ou distribución indebida dos teus datos persoais; os obxectivos que temos para procesar os teus datos persoais e se é posible alcanzar eses obxectivos por outros medios.

Globalmente, os períodos de retención poden variar dependendo do país ou xurisdición, e son establecidos de acordo cos requisitos regulamentarios de retención locais. Os datos persoais tamén poden quedar rexistrados por un período máis longo se fosen requiridos pola lei ou períodos de retención ampliados e para establecer, exercer ou defender os nosos dereitos legais.

Nalgunhas circunstancias, podemos facer que os teus datos persoais se volvan anónimos (de forma que xa non se poidan asociar contigo) para propósitos estatísticos ou de busca. Neses casos, poderemos usar esa información de xeito indefinido, sen ser necesario informarcho.

Se queres máis información sobre os períodos de retención que aplicamos ós teus datos persoais, por favor, contacta co teu delegado de protección de datos. Podes usar o contacto mencionado enriba.

Transferencia de datos persoais

As Testemuñas de Xehová operan globalmente. Isto require centralizar algunhas operacións, como servizos informáticos prestados ás entidades. Diferentes entidades utilizadas polas Testemuñas de Xehová poderán acceder a algunha información cando sexa necesario, de acordo cos obxectivos descritos neste documento e especificados no libro Organizados para hacer la voluntad de Jehová. Por exemplo, cando decides mudarte a outra congregación, os teus datos persoais (información básica, de contacto e espiritual) son enviados á túa nova congregación. Nalgúns casos, a sucursal local das Testemuñas de Xehová pode procesar os teus datos persoais para que poidas seguir participando nas actividades relixiosas da túa nova congregación e para manter os nosos rexistros eclesiásticos actualizados. Isto pode incluír a transferencia a países fóra da Unión Europea (UE) / Espazo Económico Europeo (EEE) e a países que non teñen leis que proporcionan protección específica á información persoal.

Tomamos precaucións legais e de seguridade apropiadas para asegurarnos de que os datos persoais que son trasladados dentro da Organización Relixiosa se manteñen íntegros e seguros. Cando recompilamos os teus datos persoais dentro da UE/EEE, só faremos transferencias fóra da UE/EEE...

  • para un destinatario localizado nun país que proporcione un nivel axeitado de protección dos teus datos persoais; e/ou

  • baixo un acordo que cumpra os requisitos da UE para a transferencia de datos persoais a procesadores de datos ou controladores de datos fóra da UE/EEE, como as cláusulas contractuais estándar aprobadas pola Comisión Europea; e/ou

  • co teu consentimento.

Seguridade dos datos

Nós protexemos a confidencialidade e seguridade da información que obtemos no curso das nosas actividades. O acceso a esa información é limitado; temos políticas e procedementos deseñados para protexer a información contra a perda, uso e distribución indebidos.

Aplicamos medidas técnicas e de organización apropiadas para garantir un nivel de seguridade axeitado ó risco de procesamento, mentres temos en conta a situación existente; os custos de aplicación; a natureza, alcance, contexto e obxectivos do procesamento; e a probabilidade e gravidade do risco para os dereitos e liberdades individuais. Estas medidas inclúen, entre outras, as seguintes:

  • control de acceso, confidencialidade e integridade;

  • seguridade nas comunicacións e operacións;

  • uso dos datos persoais baixo pseudónimo, de forma anónima ou encriptada;

  • verificación e avaliación da eficacia das medidas técnicas e organizativas para garantir a seguridade do procesamento.

Nós garantimos que aqueles que teñan acceso permanente ou regular ós datos persoais ou aqueles que estean envoltos no procesamento de datos persoais están adestrados e informados dos seus dereitos e das súas responsabilidades.

Divulgación de datos persoais

Podemos compartir os teus datos persoais nas seguintes circunstancias:

  • se iso fose apropiado para os obxectivos descritos na sección “Propósitos e base legal para a utilización dos teus datos persoais”. Isto inclúe dentro da Organización Relixiosa;

  • se fose requirido pola lei;

  • se cremos que esa divulgación é apropiada para protexer e defender os nosos dereitos, propiedade ou seguridade;

  • se fose necesario para obedecer un procedemento xudicial, unha orde dun tribunal ou outra obriga legal, ou unha investigación regulamentaria ou gobernamental; ou

  • se temos o teu consentimento.

Entre os destinatarios externos de datos persoais están os seguintes:

  • Organismos reguladores

  • Tribunais, policía e organismos encargados de facer cumprir a lei

  • Provedores de servizos ou de asistencia

Os teus dereitos legais en relación ós datos persoais

Ti podes ter certos dereitos de acordo coa lei local en relación á información persoal que nós retemos sobre ti. Eses dereitos poden incluír:

  • O dereito de ser informado sobre como se usan os teus datos persoais. Tes dereito a ser informado sobre a forma como imos usar e compartir os teus datos persoais.

  • O dereito de acceder ós datos persoais. Tes dereito a obter confirmación sobre se estamos ou non procesando os teus datos persoais e dereito a acceder á túa información persoal.

  • O dereito de que se rectifiquen os teus datos persoais inexactos. Tes dereito a que se corrixan os teus datos persoais que fosen incorrectos ou incompletos, por exemplo, no caso de que cambies a túa información de contacto.

  • O dereito de que os teus datos persoais sexan eliminados en certas circunstancias. Tamén chamado “dereito ó esquecemento”. Este non é un dereito absoluto que esixa que tódolos datos persoais sexan eliminados. Analizaremos cada petición coidadosamente de acordo coas leis en vigor.

  • O dereito de retirar o teu consentimento. Se procesamos datos persoais baseándonos no teu consentimento, tes dereito a retirar ese consentimento en calquera momento. Normalmente, non procesamos datos persoais baseándonos no consentimento, pois, polo xeral, baseámonos noutra base legal.

  • O dereito de restrinxir o procesamento de datos persoais en certas circunstancias. Este dereito xorde no caso de que esteas cuestionando a exactitude dos datos persoais, no caso de que formulases algunha obxección ó procesamento, no caso de que o procesamento de datos persoais sexa ilegal e non queiras que sexan eliminados e máis ben pidas que sexan restrinxidos, ou no caso de que os datos persoais xa non sexan necesarios para nós, pero ti pidas que os manteñamos para estabelecer, exercer ou defender unha reclamación legal.

  • O dereito de portabilidade de datos. O dereito de portabilidade de datos aplícase só se o procesamento estivese baseado no teu consentimento, ou se os datos persoais tivesen que ser procesados para a execución dun contrato e o procesamento se levase a cabo por medios automáticos.

  • O dereito de obxectar o procesamento de datos persoais en certas circunstancias. Tes dereito a obxectar o noso procesamento se estivésemos procesando os teus datos persoais en base a intereses lexítimos.

Podes exercer calquera dos teus dereitos contactando co teu delegado de protección de datos. Podes usar o contacto mencionado enriba.

Poida que che pidamos información específica para confirmar a túa identidade e garantir o teu dereito a acceder ós teus datos persoais (ou para exercer calquera dos outros dereitos). Esta é unha medida de seguridade que serve para garantir que os teus datos persoais non son compartidos con alguén que non ten dereito a acceder a eles. Tamén poderiamos ter que poñernos en contacto contigo para pedirche máis información con relación á túa petición co obxectivo de acelerar a nosa resposta.

Se estiveses preocupado por unha suposta violación da lei de protección de datos ou algunha outra regulación por parte das Testemuñas de Xehová, podes contactar co delegado de protección de datos local utilizando a información de contacto mencionada enriba. O delegado de protección de datos local investigará a túa petición e informarate sobre a solución. Tamén tes dereito a presentar unha queixa diante da autoridade da protección de datos responsable de facer cumprir a lei de protección de datos do país onde resides ou do sitio onde tivo lugar a suposta infracción, ou a remitir o asunto a un tribunal de xurisdición competente.

Cambios neste documento

É posible que as prácticas das Testemuñas de Xehová relacionadas co uso de datos cambien de vez en cando por cambios nas actividades relixiosas, na lei ou nos soportes tecnolóxicos. Se algunha vez fose necesario modificar esta páxina de Uso de datos persoais, publicaremos esas modificacións nesta páxina, de xeito que os publicadores saiban sempre cales son os datos que recompilamos e como os tratamos. Por favor, comproba periodicamente se houbo algún cambio nesta páxina.

a Os publicadores son persoas que predican as boas noticias do Reino de Deus en asociación cunha congregación das Testemuñas de Xehová.