Ir ó contido

Política global de uso de cookies e outras tecnoloxías semellantes

Política global de uso de cookies e outras tecnoloxías semellantes

Para que teñas a mellor experiencia como usuario, podemos gardar ou obter algunha información rexistrada no teu teléfono, tableta ou ordenador de maneira automática por medio de cookies e outras tecnoloxías semellantes. As cookies facilitan o uso da páxina web e proporciónannos información acerca da actividade do usuario na mesma. Usamos esta información para introducir melloras na páxina. Non estamos interesados na identidade do usuario agás sexa o propio usuario quen voluntariamente nos facilite os seus datos de contacto a través dalgún dos formularios ou aplicacións do sitio web.

O uso do termo cookies nesta política é amplo e inclúe tecnoloxías similares como localStorage, web beacons, píxeles e identificadores. Estas tecnoloxías poden proporcionarnos certo tipo de información sobre o teu ordenador, como o tamaño da túa pantalla, a hora e a data de visualización da páxina e a URL. Non venderemos ningún dato, nin os utilizaremos con fins publicitarios, nin levaremos rexistro das páxinas que visitaches en Internet. Non utilizamos anuncios personalizados, nin cookies publicitarias.

Tipos de cookies. Existen varios tipos de cookies con diferentes funcións que facilitan o uso da páxina web. Utilizamos cookies para saber se visitaches a nosa páxina con anterioridade, ou para saber as túas preferencias ó usala. Por exemplo, o idioma que escolliches gárdase nunha cookie e será o que apareza por defecto a próxima vez que entres na páxina. Nunca utilizamos cookies con fins publicitarios.

Os tipos de cookies que se utilizan neste sitio poden clasificarse en tres categorías:

  1. Cookies estritamente necesarias. Algunhas cookies son imprescindibles para que a nosa páxina web poida funcionar, para que poidas navegar nela ou para acceder a certas funcións da páxina. Están configuradas para que só funcionen cando realices accións para solicitar un servizo, como por exemplo, configurar as preferencias de privacidade, como iniciar a túa sesión ou enviar formularios a través da nosa web. Sen estas cookies non che poderemos proporcionar algúns servizos que solicites, como facer un donativo. As cookies deste tipo non gardan información persoal que podería ser utilizada con fins comerciais nin rexistran as páxinas que visitaches en Internet.

  2. Cookies de funcionalidade. Estas cookies permiten que queden rexistradas as opcións que seleccionaches, como o teu nome de usuario, idioma ou localización, así como outras funcións que melloran o uso da páxina e que che permiten personalizala ó teu gusto.

  3. Cookies de diagnóstico e uso. Estas cookies utilízanse para gardar datos de diagnóstico e uso. Isto inclúe información sobre como os visitantes usan e interactúan coa páxina, por exemplo, o número de visitas que recibe e a duración media das mesmas. Utilizamos esta información só para mellorar o funcionamento da páxina, incluído o deseño, o rendemento e a estabilidade da mesma.

A maioría das cookies son de orixe, é dicir, proceden do noso sitio web. Algunhas son de terceiros, é dicir, proceden doutros sitios web. Nas nosas listaxes de exemplos de cookies, identificamos claramente as cookies de terceiros.

Uso de enderezos IP. Un enderezo IP é un código numérico que serve para identificar o teu dispositivo en Internet. Utilizamos o teu enderezo IP e a información acerca do navegador que empregas para analizar os patróns de uso, detectar problemas na nosa páxina, mellorar o servizo que ofrecemos e para dar e protexer a seguridade do sitio web.

Ti decides. Podes xestionar as túas preferencias sobre as cookies en calquera momento facendo clic no botón “Configuración da privacidade” que atopas na parte inferior de tódalas páxinas dos nosos sitios de Internet (consulta o listado abaixo). As cookies estritamente necesarias non necesitan do teu consentimento. Para tódalas demais cookies, pedirémosche o consentimento antes de colocalas ou recuperalas no teu dispositivo. Ten en conta que cambiar as túas preferencias non eliminará as cookies existentes. Se desexas desactivalas, a maioría dos navegadores ofrecen a posibilidade na sección de axustes. Non obstante, ten en conta que se desactivas as cookies, non poderás aproveitar ó máximo tódalas funcións do noso sitio web. En cada navegador, o procedemento para desactivar as cookies pode variar. Consulta as instrucións na sección de axuda do teu navegador ou visita a páxina web www.allaboutcookies.org.

Selecciona un dos sitios web listados a continuación para ver exemplos de uso de cookies.

Atoparás máis información en Uso de cookies e outras tecnoloxías semellantes nos nosos sitios de Internet.