Ir ó contido

Que di a Biblia sobre o matrimonio?

Que di a Biblia sobre o matrimonio?

O que di a Biblia

 Despois de crear o primeiro home e a primeira muller, Deus uniunos en matrimonio. Creou o matrimonio como unha relación especial entre o home e a muller, formando así a unidade familiar (Xénese 1:27, 28; 2:18).

 Deus quere que as parellas casadas sexan felices (Proverbios 5:18). Na Biblia atopamos pautas e principios que axudan a que o matrimonio teña éxito.

Neste artigo veremos o seguinte:

 Cales son as normas de Deus para o matrimonio?

 Dende o principio, Deus creou o matrimonio como unha unión entre un home e unha muller (Xénese 2:24). Deus non aproba a poligamia, a homosexualidade ou as parellas que viven xuntas sen estar casadas (1 Corintios 6:9, TNM; 1 Tesalonicenses 4:3). Xesús ensinoulles ós seus discípulos a obedecer as normas orixinais de Deus para o matrimonio (Marcos 10:6-8).

 Deus ve o matrimonio como unha unión permanente. Cando un home e unha muller casan, prometen ser leais un ó outro e permanecer xuntos mentres vivan. Deus espera que cumpran esa promesa (Marcos 10:9).

 Que di a Biblia da separación e do divorcio?

 Pode que ás veces o marido e a muller teñan que estar separados, por exemplo, cando un ten que viaxar por unha emerxencia familiar. Pero a Biblia non aconsella separarse por problemas no matrimonio. Máis ben, anima as parellas a esforzase por atopar unha solución a estes problemas (1 Corintios 7:10).

 A Biblia di que o adulterio é o único motivo válido para o divorcio (Mateo 19:9, TNM). Así que se un home e unha muller deciden separarse ou divorciarse por algunha razón que non sexa o adulterio, a Biblia non aproba que teñan unha relación sentimental ou casen con outra persoa (Mateo 5:32, TNM; 1 Corintios 7:11).

 Para que Deus aprobe o matrimonio, é necesario que estea rexistrado legalmente?

 Deus espera que os cristiáns obedezan as leis relacionadas co matrimonio (Tito 3:1). As parellas mostran respecto polas autoridades e por Deus cando rexistran o seu matrimonio legalmente. a

 Segundo a Biblia, que funcións e responsabilidades teñen o marido e a muller?

  •   Responsabilidades que comparten. O marido e a muller deben tratarse con amor e respecto (Efesios 5:33). Deben coidar das necesidades sexuais un do outro con amor e evitar calquera forma de infidelidade (1 Corintios 7:3; Hebreos 13:4). Se teñen fillos, ambos deben compartir a responsabilidade de crialos (Proverbios 6:20).

     A Biblia non explica como deben as parellas casadas compartir o traballo e as tarefas da casa. Poden decidir xuntos o que será mellor para a súa familia.

  •   O papel do marido. A Biblia di que “o marido é cabeza da muller” (Efesios 5:23). El é o cabeza no sentido de que debe guiar a súa familia e tomar as decisións que máis beneficien tanto a súa muller como os seus fillos.

     Debe asegurarse de que teñan o necesario para estar sans, felices e que teñan unha boa amizade con Deus (1 Timoteo 5:8). Demostra que valora as capacidades e calidades da súa muller traballando xunto a ela. Tamén terá en conta a súa opinión e sentimentos á hora de tomar decisións (Proverbios 31:11, 28). A Biblia di que o marido debe cumprir as súas responsabilidades con amor (Colosenses 3:19).

  •   O papel da muller. A Biblia di que “respecte ó seu marido” (Efesios 5:33). Deus alégrase cando a muller respecta o papel que El lle asignou ó seu marido.

     O seu papel é axudarlle ó seu marido a tomar boas decisións e apoiar a súa autoridade (Xénese 2:18). A Biblia di que a muller que cumpre o seu importante papel no matrimonio, é moi valiosa (Proverbios 31:10).

 Pide Deus ós casados que teñan fillos?

 Non. No pasado, Deus mandoulles a algúns dos seus servos que tivesen fillos (Xénese 1:28; 9:1). Pero hoxe en día este mandato non nos aplica ós cristiáns. Nin Xesús nin os seus discípulos lles dixeron as parellas casadas que debían ter fillos. Cada parella terá que decidir se quere telos.

 Como pode axudar a Biblia ó meu matrimonio?

 A Biblia contén principios que poden axudar ás parellas a comezar ben o seu matrimonio e a evitar e superar os problemas.

 Os principios da Biblia poden axudarlles ás parellas casadas a:

a Se desexas ver máis información sobre o matrimonio consuetudinario ou tribal, podes ver La Atalaya do 15 de outubro de 2006, páxina 21, parágrafo 12.