Ir ó contido

Debería rezarlles ós santos?

Debería rezarlles ós santos?

O que di a Biblia

 Non. A Biblia di que só lle debemos orar a Deus, e que temos que facelo no nome de Xesús. Xesús díxolles ós seus discípulos: “Vós rezade así: Noso Pai que estás no ceo, santificado sexa o teu nome” (Mateo 6:9). Nunca lles ensinou que debesen orarlles ós santos, ós anxos ou a ninguén máis que non fose Deus.

 Xesús tamén lles dixo: “Eu son o camiño, a verdade e a vida: ninguén chega onda o Pai máis ca por min” (Xoán 14:6). Xesús é o único que ten autoridade para interceder por nós diante de Deus (Hebreos 7:25).

Podo rezarlle a Deus e tamén ós santos?

 Cando deu un dos Dez Mandamentos, Deus dixo: “Eu, o Señor teu Deus, son un Deus celoso” (Éxodo 20:5). Por que di que é “celoso”? Porque pide devoción exclusiva. Iso significa que só o debemos adorar a el, e as oracións son un xeito de facelo (Isaías 48:11).

 Se lle oramos a alguén que non sexa Deus, coma os santos ou os anxos, estámolo ofendendo. Cando o apóstolo Xoán intentou adorar un anxo, o anxo díxolle: “¡Non, non o fagas! Son un servo de Deus igual ca ti e cós teus irmáns, que manteñen o testemuño de Xesús. Adora a Deus” (Apocalipse 19:10).