Ir ó contido

DESEÑOUNO ALGUÉN?

O sonar do delfín

O sonar do delfín

 Os delfíns emiten varios tipos de sons, como estalidos e asubíos. Despois, escoitan o eco que producen para desprazarse e explorar a súa contorna. Os científicos inspiráronse no sonar do arroaz común (Tursiops truncatus) para desenvolver un sistema acústico subacuático que solucione os problemas que a tecnoloxía actual non pode resolver.

 Pensa nisto: O sonar permítelle ó delfín atopar peixes agochados na area do fondo mariño e distinguir entre un peixe e unha roca. Segundo Keith Brown, profesor adxunto da Universidade Heriot-Watt de Edimburgo (Escocia), o delfín tamén pode “distinguir entre recipientes que conteñen auga doce, auga salgada, xarope ou petróleo a [unha distancia de] 10 metros”. Os científicos queren deseñar dispositivos que teñan algunhas desas capacidades.

Os delfíns poden detectar o contido dun recipiente a unha distancia de 10 metros

 Os investigadores analizaron os sons que emiten e escoitan os delfíns. Isto permitiulles deseñar un sonar con complexos compoñentes electrónicos e que colle nun cilindro de menos dun metro de lonxitude. O aparello, que está instalado nun robot subacuático parecido a un torpedo, deseñouse para inspeccionar o fondo mariño, buscar obxectos ocultos, como cables ou tubos, e analizalos sen ter contacto directo con eles. Os que traballan neste proxecto pensan que será útil na industria do gas e do petróleo. O sonar inspirado no delfín debería ampliar o rango de datos que recompilan os dispositivos de sonar actuais. Isto axudará a que os técnicos coloquen os equipos subacuáticos nunha mellor localización, detecten calquera dano nos equipos, como pequenas fisuras nas columnas de apoio das plataformas petrolíferas, e incluso atopen obstrucións nos oleodutos.

 Que dirías? É o sonar do delfín resultado da evolución? Ou deseñouno alguén?