Ir ó contido

© Kim, Hyun-tae/iNaturalist. Licensed under CC-BY-4.0

DESEÑOUNO ALGUÉN?

O canto da rela xaponesa

O canto da rela xaponesa

 As relas xaponesas macho son ras coñecidas polo seu canto repetitivo e aparentemente aleatorio. Aínda así, é posible identificar unha ra macho incluso se forma parte dun grupo ruidoso. No Xapón, os investigadores que estudan esta ra descubriron que isto sucede porque os machos da mesma zona teñen unha maneira moi organizada de chamar as femias.

 Pensa nisto: As relas xaponesas macho emiten un son para atraer as femias. O son orixínase nas cordas vocais do animal e amplifícase cando resoa no saco vocal, unha bolsa que se infla na garganta.

 Como se pode distinguir o canto de cada un dos machos? Os investigadores descubriron que, en lugar de cantar aleatoriamente, os que están cerca uns doutros cantan seguindo unha orde, un despois doutro. Esta técnica tan eficiente evita que se solapen os sons e permite que as ras aforren enerxía, producindo un coro moi claro de sons individuais. Ademais, ó coordinar as súas chamadas, as ras poden facer pausas entre os coros.

 Inspirándose na maneira na que as relas xaponesas cantan de forma coordinada, os expertos na comunicación sen cable están usando cálculos moi avanzados para intentar controlar cando se transmiten os datos e así evitar que diferentes paquetes de datos se envíen ó mesmo tempo. Como resultado, a súa transmisión é máis fiable e consume menos enerxía.

 Que dirías? É a habilidade destas ras de crear coros de cantos coordinados resultado da evolución? Ou deseñouna alguén?