Ir ó contido

Ir ó índice

ilbusca/E+ via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Por que as persoas non poden conseguir a paz? O que di a Biblia

Por que as persoas non poden conseguir a paz? O que di a Biblia

 Tanto os líderes mundiais como as organizacións internacionais están sendo incapaces de conseguir a paz. Hoxe en día hai máis conflitos violentos ca nunca antes dende a Segunda Guerra Mundial. Uns dous mil millóns de persoas, a cuarta parte poboación mundial, viven en zonas que están afectadas por estes conflitos.

 Por que non poden os seres humanos conseguir a paz? Que di a Biblia?

Tres razóns polas que os seres humanos non poden conseguir a paz

  1.  1. A actitude que ten a xente impídelles sequera intentar conseguir a paz. Falando de como sería a xente durante os nosos días, a Biblia predixo: “só se amará a si mesma; serán amantes do diñeiro, fanfarróns, arrogantes, [ . . .] desleais, [ . . .] non estarán dispostos a chegar a ningún acordo, [ . . .] non terán autocontrol, serán feroces, [ . . .] teimudos, estarán cheos de orgullo” (2 Timoteo 3:2-4, TNM).

  2.  2. Os humanos, tanto de maneira individual como colectiva, non teñen a capacidade de solucionar os seus problemas sen a axuda do seu Creador, Xehová a Deus. A Biblia di que “ó home que está andando nin sequera lle corresponde dirixir os seus pasos” (Xeremías 10:23, TNM).

  3.  3. O mundo está controlado por Satanás o Demo, un gobernante poderoso e cruel que “fai extraviar [ou engana] a tódolos homes” (Apocalipse 12:9). “O mundo enteiro está nas mans do Maligno” e mentres siga así haberá guerras e conflitos (1 Xoán 5:19).

Quen pode conseguir a paz?

 A Biblia di que será Deus quen consiga a paz e non os seres humanos.

  •   “‘Porque sei moi ben o que teño en mente para vós’, afirma Xehová. ‘Quero que teñades paz, non calamidade. Quero darvos un futuro e unha esperanza” (Xeremías 29:11, TNM).

 Como cumprirá Deus esta promesa? “O Deus da paz esmagará a Satanás” (Romanos 16:20). Deus usará un goberno celestial, ó que na Biblia se lle chama “o Reino de Deus”, para establecer a paz en todo o mundo (Lucas 4:43). Cando Xesucristo goberne toda a terra como Rei dese Reino, as persoas aprenderán a vivir en paz (Isaías 9:6, 7).

a Xehová é o nome persoal de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8).