Ir ó contido

Ir ó índice

Como nos beneficia o sacrificio de Xesús?

Como nos beneficia o sacrificio de Xesús?

 Unha vez ó ano, as testemuñas de Xehová reunímonos por todo o mundo, xunto con millóns de persoas ás que invitamos, para celebrar a Conmemoración da morte de Xesús tal como el mandou (Lucas 22:19). Este evento axúdanos a entender a importancia do que fixo Xesús cando deu a súa vida pola humanidade. Tamén nos ensina o que o seu sacrificio pode significar para nós, tanto agora coma no futuro (Xoán 3:16).

 Sen importar se este ano asistes á Conmemoración ou non, como te podes beneficiar do sacrificio de Xesús? El ensinounos que debemos facer dúas cousas importantes:

  1.  1. Aprender sobre Deus e Xesús. Nunha oración ó seu Pai celestial, Xesús dixo: “Nisto consiste a vida eterna: que te coñezan a ti, o único Deus verdadeiro, e a quen mandaches, Xesús Cristo” (Xoán 17:3).

  2.  2. Poñer en práctica o que aprendes. Xesús recalcou a importancia de poñer en práctica na nosa vida o que el ensinou. Por exemplo, ó final do seu famoso Sermón do Monte, Xesús felicitou a toda a xente que “escoita as [súas] palabras e as pon en práctica” (Lucas 6:46-48). Do mesmo xeito, noutra ocasión el dixo: “Se sabedes estas cousas, seredes felices, con tal de que as cumprades” (Xoán 13:17).

 Gustaríache aprender máis sobre Deus e Xesús? Gustaríache saber como poñer en práctica o que aprendes? Aquí tes algunhas cousas que che poden axudar a conseguilo.

Un curso da Biblia

 O noso curso interactivo e gratuíto axudoulles a moitas persoas a coñecer o que di a Biblia e a poñelo en práctica na súa vida.

  •   Consulta o artigo “Clases particulares da Biblia” para saber máis sobre este curso.

  •   Para coñecer como é o curso da Biblia que ofrecen as testemuñas de Xehová mira o vídeo Benvido ó teu curso da Biblia.

As reunións das testemuñas de Xehová

 As testemuñas de Xehová reunímonos dúas veces por semana no noso lugar de adoración, ó que lle chamamos Salón do Reino. Nas nosas reunións, analizamos o que di a Biblia e como podemos poñer en práctica os seus consellos na nosa vida.

 Estas reunións están abertas ó público e non necesitas ser testemuña de Xehová para poder asistir. Dependendo das circunstancias locais, tes a posibilidade de asistir en persoa ou por videoconferencia.

  •   Para saber o que ocorre nas nosas reunións podes ver o vídeo Como son as nosas reunións?

Artigos e vídeos en liña

 Moitos artigos e vídeos do noso sitio de Internet poden axudarche a aprender máis sobre as ensinanzas de Xesús e o valor do seu sacrificio.

 Por exemplo, para saber como é posible que a morte dun só home beneficie a millóns de persoas, le os artigos: “Como nos salva Xesús?” e “¿Por qué sufrió y murió Jesús?” ou mira o vídeo Por que morreu Xesús?